Saturday 18 de May de 2024

A aclamada remodelación do Miradoiro de Pedra da Ra, candidata a outro galardón nos VII Premios de Arquitectura ENOR


O fallo terá lugar no vindeiro mes de novembro
Despois de facerse cos Premios FAD de Arquitectura e COAG do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a obra de remodelación do miradoiro de Pedra da Ra volve a optar a un novo galardón: esta vez os VII Premios de Arquitectura Ascensores Enor.

A obra deseñada por Carlos Seoane foi unha das 21 obras finalistas seleccionadas por un xurado que está formado por Jesús Irisarri Castro (presidente), Carlos Quintáns Eiras (secretario), José María Sánchez García (Gran Premio Enor 2014), Bet Capdeferro, Santiago de Molina e Cristina Guedes. O fallo do certame terá lugar no vindeiro mes de novembro.

21 finalistas
Ademais do miradoiro de Pedra da Ra, optan ao galardón o Museo de las Colecciones Reales de Madrid, a Escola de Arquitectura do Antigo Hospital Militar de Granada, o Auditorio de Lugo, o polideportivo da Universidad Francisco de Victoria, a Casa em Fama, a Casa OE, o parque Madrid Río, a Casa Luz, a Sala Beckett do Obrador Internacional de Dramaturgia, R-Habilitar Menores 12, Can Jordi i n’Àfrica, a Casa Entre Medianeras, Instituto inova çao e investigaçao em saude, o edificio da nova sede de Norvento, o Museo de Bellas Artes de Asturias, o antigo convento de Santa María de los Reyes de Sevilla, a Bodega Mont-Ras, a Torre de Palma Wine Hotel, a Casa 1014 e a Casa 1219.

Máis información das actuacións candidatas en:
http://www.enor.es/premio/index.php/2017/05/23/finalistas-6/

Cómpre lembrar que a actuación tamén foi seleccionada para ser exposta na Bienal de Arquitectura de Venecia e na Bienal Internacional de Arquitectura de Arxentina.